Costa de Loiba

A costa de Loiba constitúe unha auténtica sucesión de monumentos naturais. É este o litoral máis salvaxe do municipio, e tamén o máis descoñecido. O mar esculpiu na zona impresionantes cantí­s de filitas e xistos e perforou rochas, dispoñendo unha sorte de covas coñecidas como furnas.

Xunto a elas atopamos miradoiros de excepción, praias virxes como O Picón e lugares curiosos como un embarcadoiro que foi recentemente rehabilitado. Nel, as chalanas eran sostidas por roldanas para evitar que fosen arrastradas na preamar.

Restos de muíños de vento e amplos hórreos -construí­dos integramente de pedra ou con listóns de madeira- danlle cor á aldea próxima. Hoxe en dí­a constitúen un testemuño da época na que a contorna destacaba pola súa produción de cereais.

Documentos relacionados