Axenda

I Malla tradicional de Ortigueira

A partir das 11 da mañá no recheo do peirao

O domingo 2 de setembro, a partir das 11 horas, veciños e visitantes poderán gozar no núcleo urbano desta primeira recreación destinada a dar a coñecer e conservar as tradicións do pasado. A iniciativa completarase con múltiples actividades paralelas que abranguerán dende unha comida popular ata unha exposición de coches clásicos.