Axenda

Concerto Sés

No Teatro da Beneficencia ás 20:30 horas.

Chega a Ortigueira a nova xira da cantautora coruñesa Sés (María Xosé Silvar) e Tito Calviño, co seu aplaudido formato acústico. O Teatro da Beneficencia encherase de ritmos americanos repensados en galego e en feminino, con letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente.
Entrada: 5 euros.