Ruta das serras

Mapa da ruta

Ampliar

PUNTO DE PARTIDA:
Cruce de San Pedro (Couzadoiro) 43º39’57.09” N 7º44’34.83” O
PUNTO DE DESTINO:
cerro de Pena Branca (Mañón) 43º42’16.57” N 7º43’39.10” O
DISTANCIA:
4,92 km (só ida).
TIPO DE SINALIZACIÓN:
pivotes de madeira


Como chegar?

Seguimos a AC 862 ata atravesar a ponte do río Baleo. Alí, tomamos a estrada que conduce a Couzadoiro (CP 4402) e seguimos os sinais que levan cara ao “Parque eólico da Coriscada” ata chegar á chaira onde se atopa o panel de inicio de ruta.

O que vas atopar:

  • Unha antiga vía de tránsito natural entre As Pontes e o porto de Bares, polos cumios da Faladoira e da Coriscada. O Camiño dos Arrieiros, como se coñece, foi empregado dende o Neolítico.
  • Restos arqueolóxicos que testemuñan o uso milenario desta ruta como as necrópoles tumulares (por exemplo, "Forno dos Mouros"), formadas no seu conxunto por máis de 90 mámoas.
  • Panorámicas únicas, desde a serra de Coriscada, das rías de Ortigueira- Ladrido e máis da do Barqueiro.