Axenda

Teatro Musical: "As Pombas de Carboeiro"

No Teatro de Beneficencia ás 19:00 h.

A compañía de teatro Fantoches Baj presenta este espectáculo acompañados da Banda de Música de Ortigueira.

Trátase dunha peza dirixida ao público xuvenil na que se mestura a tradición da narración oral coa técnica xaponesa do kamishibai, consistente en ilustrar a historia con imaxes, neste caso, 33 cartas ampliadas do Tarot de Marsella.

Ás pombas de Carboeiro' recrea a historia de dous monxes residentes neste mosteiro que, botando man do enxeño, teñen que convencer ás tropas napoleónicas de que non sacien a súa fame coa familia de pombas mensaxeiras que habita nesta localización.

Entrada de balde.