Visitas

Ortigueira esténdese sobre un territorio de gran valor natural e patrimonial, onde os asentamentos humanos remóntanse a épocas milenarias. A actividade social desta vila mariñeira caracterizouse por un gran dinamismo ao longo da historia, o que se evidencia nas súas rúas, nas súas construcións e na súa natureza.

Numerosas son as visitas de notable interese turístico que Ortigueira ofrece ao visitante: museos, arquitectura e urbanismo, patrimonio relixioso e cultural, obras civís, vestixios arqueolóxicos... Unha visita rica en matices.

Visitas

Muiño de mareas de Senra

A forza das mareas serviu ao home para transformar a enerxía do mar desde tempos inmemoriais. Este muíño de mareas ten unha situación privilexiada para realizar o seu labor, e é boa proba do enxeño das xentes do lugar.

Ler máis

Santuario de Portas

Unha contorna natural de gran beleza, carcterizada ademais por unha simboloxía notable que o rodea, cunha gran cantidade de lendas, tradicións e mitoloxía asociados a este espazo da serra da Panda.

Ler máis

Museo Ortegalia

Un itinerario ilustrastivo a través da historia da Comarca de Ortegal. Arqueoloxía e patrimonio natural e cultural son os principlaes contidos dun museo que é todo un refente na cultura ortigueiresa.

Ler máis

Muíño de vento de Campo da Torre

Desde finais do século XIX, o muíño de vento de Campo da Torre domina a vila de Ortigueira sobre un outeiro de gran interese arqueolóxico. Unha interesante visita no corazón de Ortigueira.

Ler máis

Costa de Loiba

De cara ao Atlántico, e xa case no seu punto de encontro co Cantábrico, a costa de Loiba érguese desde praias salvaxes a través de profundos cantís. Aquí, as construcións do home teñen como finalidade sobreporse á nauraleza.

Ler máis

Área recreativa de Mera

Vexetación e fauna autóctona ao redor do máis caudalosos dos ríos que corren por Ortigueira. A área recreativa de Mera ofrece ao visitante agradables paseos por un val fértil e de gran valor turístico.

Ler máis

Castelo do Casón

Durante a Idade Media, na zona levantáronse numerosoas fortalezas defensivas en lugares elevados. O Castelo do Casón conserva as ruínas dunha delas, e aos seus pés pode contemplarse unha das mellores vistas da Ría de Ortigueira.

Ler máis

Museo Etnográfico de Meixido

O Museo de Meixido centrou o desenvolvemento da súa colección nos oficios tradicionais da comarca. No seu interior pódense coñecer máis de 3.000 pezas e entender como era o traballo nestes lugares.

Ler máis

Xacemento de Punta dos Prados

Un magnífico exemplo de castro marítimo. Situado sobre o mar, e construído entre os séculos IV e I a.C, o Xacemento de Punta dous Prados deu numerosos restos de metal, cerámica e pezas de bronce.

Ler máis

Antigo mercado

En pleno centro de Ortigueira levántase o antigo mercado de abastos, de principios de século XX e en perfecto estado de conservación. Albergaba un mercado todos os domingos e xoves.

Ler máis

Igrexa Parroquial

Un edificio de gran valor patrimonial, tanto pola súa arquitectura como polo seu mobiliario e ornamentación interior. Antigamente era a igrexa do convento, e hoxe levántase como igrexa parroquial de Santa Marta de Ortigueira.

Ler máis

Teatro da Beneficencia

Un edificio emblématico cuxo valor arquitéctónico e ornamental está á altura do valor cultural co que foi concibido. Construído a mediados do XIX, recibiu unha rehabilitación recentemente que lle deu a súa esplendorosa imaxe actual.

Ler máis

Convento-Casa Consistorial

Un conxunto arquitéctónico de orixe relixiosa de gran interese que hoxe alberga a Casa Consistorial de Ortigueira, logo de dispor usos diversos tras a desamortización do Estado a mediados do século XIX.

Ler máis

Conxunto conventual

A orixe deste grupo de edificios data do século XVI, aínda que o conxunto que agora se levanta no centro da vila son do XVIII. Máis de 5.000 metros cadrados de historia e cultura.

Ler máis

Biblioteca Municipal

Escola infantil durante décadas, este edificio, construído en 1909, é agora a sede da Biblioteca e Arquivo Municipal de Ortigueira tras os exhaustivos traballos de rehabilitación que lle deron o seu actual aspecto.

Ler máis

Rúa Real-Cantóns

O corazón social e comercial de Ortigueira. Nesta arteria desenvolvéronse os acontecementos históricos máis determinantes da vila. Os edificios que a flanquean son o orgullo de xeracións de orteganos ilustres.

Ler máis

Barrio do Ponto

Unha das zonas con máis soleira de Ortigueira. O lugar no que se asentaron os primeiros habitantes de Santa Marta. O conxunto arquitéctonico do barrio ten un valor notable, e nas súas rúas escribiuse a historia de Ortigueira.

Ler máis