Área recreativa de Mera

O máis caudaloso dos rí­os ortegáns, o Mera, suma atractivos. O seu interese ambiental resulta incuestionable, non só porque forma na súa desembocadura a rí­a de Ortigueira, senón tamén por conservar a tí­pica vexetación de ribeira. Bidueiros, abeleiras e salgueiros conforman a paisaxe das súas marxes, a carón de multitude de árbores froiteiras, especialmente maceiras, que reflicten a notable fertilidade do val.

A creación dunha área recreativa en Mera, un illote situado nas proximidades xa de Ponte Mera, non fai senón engadirlle valor a este espazo. Nel comezan a agromar propostas de turismo ambiental, centradas no desenvolvemento de obradoiros e rotas de camiñadas destinadas a descubrirlle aos visitantes os encantos deste enclave natural.