Castelo do Casón

O Castelo do Casón foi unha antiga torre de vixilancia da Alta Idade Media. Dende a fortaleza, situada na parroquia de San Adrián de Veiga, era posible controlar toda a Rí­a dende Estaca de Bares ata Sismundi.

Actualmente só quedan algunhas pedras do recinto, de estrutura circular. Estaba protexido por tres murallas e un foxo defensivo, aos que se uní­a o desnivel existente ata o rí­o Casón.

Hoxe en dí­a só é posible apreciar a estrutura do castelo, grazas a un panel interpretativo situado ao seu pé. Con todo, a zona ofrece unhas magní­ficas vistas sobre a rí­a de Ortigueira e os montes da Capelada.