Axenda

Exposición de pintura de Jose M. Toledo Lucas.

No 1º andar do claustro do Concello durante o mes de outubro.

No primeiro piso, no claustro superior da Casa do Concello, durante o mes de outubro está exposta a obra do artista murciano José M. Toledo Lucas.O artista, médico xubilado e licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, compaxinou estudos con traballo, sen tempo suficiente para manter actividade pictórica, tan só de forma esporádica realizando algún cadro, pero sobre todo ilustracións para publicacións en revistas científicas. Na actualidade está dedicado por completo á arte do debuxo e a pintura.Horario da exposición:    Mañás: de luns a sábado de 11.00 a 13.00 horas.    Tardes: de martes a venres, de 17.00 a 19.30 horas.