Loiba. Ruta das algas
Mapa da ruta
- PUNTO DE PARTIDA:
- Acceso a Ribeira do Carro. 43°44'09.80" N 7°45'53.48" O
- PUNTO DE DESTINO:
- Pasarela praia de Esteiro. 43°44'43.03" N 7°43'37.84" O
- DISTANCIA:
- 6,8 km (só ida).
- TIPO DE SINALIZACIÓN:
- Pivotes de madeira
Como chegar?
No km 63,3 da AC 862, en Loiba, toma o desvío cara ao Picón. Despois sigue a sinalización que indica Pena Furada. A pista asfaltada conclúe onde se inicia esta ruta.
Tamén podes utilizar o tren. FEVE fai parada nesta parroquia. Nese caso, deberás sumar algúns quilómetros para incorporarte ao itinerario sinalizado.
O que vas atopar:
- Un paraíso natural por descubrir na parroquia de Loiba, libre de cemento, libre de ruído; incluído na Rede Natura.
- Unha sucesión de praias virxes, rodeadas dun certo halo de misterio.
- Pronunciados cantís de filitas e xistos, con rochas de formas caprichosas, autenticamente monumentais.
- Un singular e diminuto embarcadoiro entre enormes penas, que fala do duro oficio dos mariñeiros do lugar.
- Cun pouco de sorte, a curiosa estampa nas ribeiras das recolectoras de algas xunto aos seus burros, que soben polo cantil coas alforxas cheas desta planta mariña.