Axenda

Exposición: "A fauna de Ortigueira en imaxes"

No Centro de recepción de visitantes do 4 ao 28 de agosto

O Concello de Ortigueira e a Asociación Ornitolóxica Calidris promoven esta mostra fotográfica de temática medioambiental. A iniciativa, que contará con imaxes de Eulogio Ben Teixeira, Álvaro Fernández Polo, Marta Josa Lens, Luis Muiño Fidalgo e Antonio Ramos Soto, permitirá aos turistas e veciños que se acheguen ao Centro de Recepción de Visitantes do Porto de Ortigueira descubrir algunhas das principais especies animais que habitan o territorio ortigueirés.