Axenda

Contacontos de Tarabelos: Fábulas.

Biblioteca Municipal, 17:30 h.

Tarabelos trae á biblioteca de Ortigueira o seu espectáculo “Fábulas”. Utilizando máscaras de animais, o público é en realidade o contador dunha chea historias que falan de raposos intelixentes, ratiños intrépidos, tartarugas lentas pero seguras… e outros moitos personaxes tirados de fábulas de Esopo, Samaniego ou Fedro. Fábulas é unha sesión de contacontos teatralizada na que o público xoga un papel imprescindible. Divertidísima, interactiva e altamente recomendable.

Para nenos a partir de 4 anos.