Axenda

Mostra – Conversa: Encaixe de palillos con Ángeles Rodríguez Graña

Biblioteca municipal "Juan Fernández Latorre", 18:00h.

Na biblioteca municipal, a partir das 18.00 horas, Ángeles Rodríguez Graña, será a protagonista desta mostra – conversa sobre encaixe de palillos, nunha nova xornada de divulgación organizada polo Concello de Ortigueira.

Ángeles Rodríguez Graña é artesá palilleira.

Esta actividade forma parte do programa “Feito a man na biblioteca” que estase a desenvolver estes meses. O obxectivo é difundir actividades (artesanía, afeccións…) levadas a cabo no municipio por diferentes persoas e asociacións, e incluirá un obradoiro para nenos e nenas impartido polo persoal da biblioteca, e unha charla e/ou exposición para adultos, levado a cabo por esas persoas ou asociacións colaboradoras.