Axenda

I Medio Maratón Ortegal21k

Alameda de Ortigueira a partir das 17:00 h.

Os Concellos de Ortigueira e Cariño e a Federación Galega de Atletismo organizan o I Medio Maratón Ortegal21k, que será á súa vez Campionato de España de Medio Maratón Máster 2018/2019 e XXIX Campionato de Galicia de Medio Maratón.
A proba disputarase sobre unha distancia homologada de 21.097,50 metros e a saída terá lugar ás 17.00 horas desde a Alameda.

As inscricións poden realizarse ata o mércores 22 de maio ás 23.59 horas. Máis información na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Web de información sobre Ortegal 21k- XXII Campionato de Galicia de Medio Maratón – Campionato de España Máster