Axenda
Sendeirismo: "Roteiro dos Castros costeiros (Espasante-Céltigos)
Saída en tren dende Ortigueira, ás 9:10 h.
O itinerario transcorre polo borde da costa facendo baixadas ás praias, entre elas o Coído, única praia de cantos rodados, introducíndonos nalgunha cova, etc.
Ó fin da ruta os asistentes poderán degustar, de maneira gratuíta, un pincho típico da zona.
O regreso farase no tren da costa das 16:20 horas.
Todas as persoas interesadas deberán inscribirse previamente no Centro de Recepción de Visitantes, no paseo marítimo. O prezo da actividade é de 8 euros, á marxe do custo do transporte.