Axenda

Exposición: "Ortigueira X" de Quico Delgado

No Centro de Recepción de Visitantes

Unha memoria visual da última década do Festival internacional do Mundo Celta, asinada polo fotoxornalista ferrolano Kiko Delgado. Curtido en mil e unha batallas como profesional gráfico Delgado trata con esta “Ortigueira X” de achegar ao espectador, a través de centos de imaxes en liña, o traballo de selección que realiza un enviado especial nun evento como o Festival Celta.

A mostra, con instantáneas en formato pequeno, é unha escolma de milleiros de fotos, que retrata a paisaxe do Festival. Só unhas cantas chegaron a publicarse.