Axenda

O Pequeno Mago

Teatro de Beneficencia, 17:00 h

"O Pequeno Mago" é unha película de debuxos animados de 80 minutos de duración escrita e dirixida polo vigués Roque Cameselle, e baseada na súa novela "Bieito Dubidoso", publicada por Edicións Xerais.

O filme resultou gañador do premio a Mellor Banda Sonora de Longametraxe nos Premios Jerry Goldsmith.

Prezo da entrada: 3€