Biblioteca Municipal

Este antigo Grupo Escolar foi construído en 1909, seguindo os planos do arquitecto coruñés Julio Galán. Trátase dun edificio con corpo central de dous andares, e dous corpos laterais máis. Os interiores son anchos, estando a fachada principal engalanada cos escudos de Ortigueira, A Coruña e España.

Despois de ser escola de nenos e nenas durante moitas décadas, quedou como sede de agrupacións culturais e acolleu provisionalmente as oficinas da Administración municipal. Hoxe en día, tras ser sometido a un completo proceso de rehabilitación, alberga a Biblioteca e o Arquivo municipal.