Axenda

Exile on Rego Torto St.- Exposición de Banda Deseñada

No Museo Ortegalia ás 19h.

Este decembro, o Museo Ortegalia voltará a ser o escenario onde os autores da nosa comarca poden expoñer o seu traballo.“Exile on Rego Torto St.” é unha mostra dos debuxos de Cristian Fojón Caruncho, un rapaz que, aos seus 15 anos, xa conta cun longo listado de premios de debuxo e banda deseñada.
A exposición estará aberta ao público entre o 5 de decembro e o 6 de xaneiro, e durante este tempo estarán á venda no museo os seus mangas autoeditados.
 A  inauguración é o mércores 5 ás 19h.