Axenda

Obradoiro “Feito a man na biblioteca: xabóns”

Biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre” a partir das 17:30 h.

O mércores 22 de maio dende as 17.30 horas, na biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre”, desenvólvese este obradoiro para maiores de 6 anos. As prazas dispoñibles son limitadas. As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a súa inscrición: Biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre”. Teléfono: 981 400 101.

Esta actividade forma parte do programa “Feito a man na biblioteca” que estase a desenvolver estes meses. O obxectivo é difundir actividades (artesanía, afeccións…) levadas a cabo no municipio por diferentes persoas e asociacións, e incluirá un obradoiro para nenos e nenas impartido polo persoal da biblioteca, e unha charla e/ou exposición para adultos, levado a cabo por esas persoas ou asociacións colaboradoras.