Ruta de Mera - Capelada

Mapa da ruta

Ampliar

PUNTO DE PARTIDA E DESTINO:
Illa fluvial do río Mera 43º39’44.61N 7º54’23.63” O
DISTANCIA:
17 km.
TIPO DE SINALIZACIÓN:
Pivotes de madeira.





Como chegar?

Ao alcanzar na estrada Ferrol- Viveiro (AC 862) o lugar de Ponte Mera, hai que tomar o desvío que leva cara á Área recreativa Illa de Mera. Tamén tes a posibilidade de utilizar o tren da costa. FEVE dispón de estación nesta parroquia, situada ademáis a escasa distancia do punto de arranque do camiño.

O que vas atopar:

  • Panorámicas de excepción da ría de Ortigueira, dende os miradores existentes na serra da Capelada.
  • Fauna en semiliberdade.
  • Ampla variedade de flora, en función da altitude e da humidade.
  • As fervenzas e saltos de auga do río Casón, entre elas, o sonado Pozo do Inferno.
  • Restos arqueolóxicos do Castelo do Casón, un recinto fortificado de vixilancia da Alta idade Media, dende a que é posible controlar toda a Ría de Ortigueira dende Estaca de Bares ata Sismundi.
  • Dous espazos acondicionados para descansar: as áreas recreativas de Mera e do Casón.