Axenda

Xornada «O proxecto de geoparque do Cabo Ortegal como axente dinamizador do turismo e o desenvolvemento sustentable»

Teatro de Beneficencia, 18:00 h.

O concello de Ortigueira acollerá, o mércores, 4 de decembro a xornada informativa sobre o proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal como axente dinamizador do turismo e do desenvolvemento sostible.

Será ás 18:00 horas no Teatro de Beneficencia, e servirá como ferramenta para achegar á poboación local que é un xeoparque, explicar que se está a facer e que implicacións e beneficios ten a súa declaración.

É unha xornada totalmente gratuíta e dirixida a todos os públicos, polo que agardamos pola vosa presenza para achegarvos este proxecto no que o territorio xa leva tempo a traballar.

Podes inscribirte aquí bit.ly/XornadasXeoparqueCaboOrtegal