Axenda

Exposición de carteles Festival Ortigueira 2012

Ata o 31 de maio no Claustro do Concello

O claustro da Casa Consistorial prolonga durante todo o mes de maio a exposición de deseños presentados ao concurso de carteis convocado polo Festival Ortigueira, do que resultou gañador o afiche titulado "Rede soul".

Pode visitarse de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, e os fins de semana coincidindo coa programación do Teatro de Beneficencia.