Axenda

Concerto da Escola de Gaitas de Ortigueira.

No Teatro de Beneficencia ás 20:30 h.

O domingo 23 de decembro ás 20:30 horas no Teatro de Beneficencia de Ortigueira terá lugar un Concerto Solidario pro-axuda de Médicos sen Fronteiras.

Alfaia (de As Pontes), Gamelas e Anduriñas (de Espasante), A.C Cantareiras de Alende (de As Pontes) e, por suposto, A Escola de Gaitas de Ortigueira.

A entrada será de balde, pero tódalas persoas que desexen participar de maneira desinteresada terán a disposición súa a posibilidade de aportar un donativo.

Paralelamente, abrirase unha Exposición no claustro do Concello de Ortigueira sobre o traballo de Médicos sen Fronteiras que estará dispoñible ó público entre o 17 e o 23 de decembro.