Axenda

Contacontos: Filipa cos contos

Biblioteca municipal, 17:30 h.

Bandullo Azul e a súa amiga Filipa propóñennos, a partes iguais, unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares (Letras Galegas 2017), amenizados con música e canción en directo.

Actividade de narración oral para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: 3 a 12 anos.