Ruta da Intermareal de Ladrido

Mapa da ruta

Ampliar

PUNTO DE PARTIDA:
Embarcadoiro de Ladrido. 43°42'05.49" N 43°42'05.49" O
PUNTO DE DESTINO:
Praia da Concha, en Espasante. 43°42'08" N 7°49' 13.67" O
DISTANCIA:
4,65 km (só ida).
TIPO DE SINALIZACIÓN:
Pivotes de madeira


Como chegar?

No km 57 da AC 862 (estrada Ferrol - Viveiro), toma o desvío cara a Ladrido ata chegar ao embarcadoiro da parroquia, lugar onde arrinca o itinerario.

O que vas atopar:

  • Un punto de observación de aves privilexiado. A ría de Ortigueira - Ladrido, humidal de importancia internacional, zona ZEPA e espazo en réxime de protección xeral, constitúe unha importante área de alimento e refuxio de aves itinerantes e migratorias.
  • Baixando á ribeira, na franxa intermareal, poderás comprobar a diversidade faunística da Ría.
  • Calas como a de Vidueiros ou a de Santa Eulalia, que antes eran territorio reservado para os pescadores.
  • Iniciado o camiño, panorámicas impresionanntes da praia de Morouzos, da illa de San Vicente, de cabo Ortegal e, finalmente, do porto de Espasante.