Axenda

Teatro infantil: "O señor das Dunas"

Ás 19:00 horas no Teatro da Beneficencia

O espectáculo, desenvolvido polo actor Mani Braga, no papel do señor das dunas, e polo ilustrador Dani Boullosa, permitiranos escoitar cinco historias tradicionais galegas e ver como, diante dos nosos ollos sorprendidos, e usando só area coa que traballa sobre unha pantalla que é reflectida noutra xigante, van cobrando vida os distintos personaxes que aparecen na narración. Apoiados na música e nos efectos de son, os que se acheguen ao espectáculo teatral gozarán dun intre de palabra, fantasía e maxia realmente inesquecible.

A actividade forma parte do programa FalaRedes, que desenvolven concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.

Entrada de balde.