Axenda

Desfile de Disfraces 2018

Ás 21:00 h. dende a Biblioteca ata a carpa da Alameda.

O Concello de Ortigueira organiza o Desfile de Disfraces que terá lugar o sábado 10 de febreiro e que percorrerá as rúas da Vila, dende a Biblioteca Municipal ata a carpa instalada na Alameda.

As inscricións realizaranse no concello ata o venres 9 de febreiro ou o mesmo día de 19:30 h. a 20:30 h.

A entrega de premios farase a media noite, durante a celebración do Gran Baile de Disfraces.

Nos próximos días colgaremos as bases nas distintas redes sociais do concello e de Turismo Ortigueira para que todo o mundo as poida consultar.