Axenda

Desfile de disfraces e Gran Baile de Entroido.

Luns 8 de febreiro ás 21 h dende a Biblioteca ata a Alameda.

O luns de Entroido a partir das 9 da noite celebrarase o desfile de disfraces no que poderán participar todos os individuais, parellas ou grupos que teñan inscrito previamente.

A entrega de premios, que repartirá 1500 €, será á 1 da madrugada, durante o Gran Baile de Entroido.

Máis información chamando ao teléfono 981.422.089.