Porto deportivo

O porto deportivo atópase emprazado no interior da ría de Ortigueira, orientada cara ao norte, abrigado por un dique de escollera e un contradique, no que se sitúan tres liñas de pantaláns que dan abrigo ás embarcacións deportivas. A entrada resulta complicada, especialmente en marea baixa.

Na actualidade, a dársena está a ser remodelada co obxecto de aumentar o calado mínimo e, ao tempo, ampliar o número de prazas dispoñibles para esloras comprendidas entre os 6 e os 18 metros, pasando das 83 actuais ás 117. Todas elas estarán dotadas con brazas de amarre, cornamusas e armarios de distribución de auga e enerxía eléctrica.

Deste xeito, no peirao de Ortigueira conviven as actividades deportivas e de esparexemento cidadán con actividades tradicionais como o mariques ou a pesca.

Ficha do porto

  • Empresa xestora: Club Náutico de Ortigueira
  • Enderezo: Porto deportivo s/n
  • Localidade: Ortigueira (A Coruña)
  • Teléfono: +34 630 183 901; +34 629 840 276
  • Carta:4084
  • Coordenadas: 43º 44' N / 07º 51' W