Ruta do borde litoral de Ortigueira (Sendeiro Azul)

Mapa da ruta

Ampliar

PUNTO DE PARTIDA:
Centro de recepción de visitantes 43º41’04.50”N 7º49’44.45” O
PUNTO DE DESTINO:
praia de Morouzos (torreta observación de aves fronte a illa San Vicente) 43º42’09.33” N 7º50’21.31” O
DISTANCIA:
5,40 km (só ida).
TIPO DE SINALIZACIÓN:
pivotes de madeira e/ou pasarelas.


Como chegar?

Ao entrar no núcleo urbano de Ortigueira, seguir as indicacións que conducen ao Paseo Barro Soto onde se sitúan as instalacións de turismo.

O que vas atopar:

  • Un tranquilo paseo entre piñeirais á beira da ría de Ortigueira, humidal de importancia internacional, zona ZEPA e espazo en réxime de protección xeral.
  • Espazos de recreo e esparcemento como o “Murito” (habilitado para o baño ao inicio da ruta) ou o piñeiral polo que se accede ao areal de Morouzos, torretas para a observación de aves e unha completa rede de puntos informativos e refuxios para o descanso.
  • A lagoa de San Martiño, de auga doce e carácter estacional, recuperada hai apenas un lustro, tras levar tempo desecada.
  • A praia de Morouzos- Cabalar, o arenal máis extenso da ría e un importante enclave ecolóxico, ao dispor dun dos cordóns de dunas litorais máis representativos de Galicia. Fronte a ela, a illa de San Vicente.