Praia do Picón

Próximo ao pobo homónimo e ao embarcadoiro da parroquia e flanqueado polos restos dun vello muíño de vento, atópase este ventoso areal de augas bravas, que engancha especialmente aos afeccionados ao surf.

É a única praia da costa de Loiba que conta con escaleira de acceso. Ademais, os visitantes dispoñen no alto do vertical cantil que se estende sobre o areal dunha pequena área de recreo e de zona de aparcadoiro.

A espectacularidade do solitario areal, que mingua de xeito considerable en pleamar e, sobre todo, a da súa contorna natural, converteuno nos últimos anos nun auténtico "estudio de cine". Incluí­do no LIC Estaca de Bares, a visita ao Picón e ao próximo embarcadoiro de Furnas forma parte da "Ruta das Algas".