Conxunto conventual
O conxunto presenta hoxe en día un aspecto remozado que respecta de xeito rigoroso o seu carácter arquitectónico. O estado actual destas dependencias é froito dunha serie de obras de rehabilitación desenvolvidas entre 1991 e 1998.
As orixes do conxunto correspóndense cunhas primeiras edificacións construídas na primeira metade do século XVI, destinadas ao convento da Orde dos Dominicos instalada na Vila dende 1303. Con todo, as edificacións que chegaron aos nosos días son do século XVIII.
O convento orixinario foi destruído por un incendio no ano 1550. Malia que se realizaron obras de resconstrución ao longo do século XVI e nas primeiras décadas do XVII, estaba en estado ruinoso a comezos do século XVIII. Será ao longo do XX cando se realicen os traballos que lle deron ao conxunto o seu aspecto actual, incluíndo a Igrexa, levantada de nova planta en 1776. O Convento co claustro e a Igrexa co seu adro ocupan unha superficie total de 5.000 metros cadrados.
O conxunto conventual acolle hoxe en día a Casa Consistorial, o Teatro da Beneficencia, o Centro de Interpretación e a Igrexa parroquial.