Ruta da Intermareal de Ladrido
Mapa da ruta
- PUNTO DE PARTIDA:
- Embarcadoiro de Ladrido. 43°42'05.49" N 43°42'05.49" O
- PUNTO DE DESTINO:
- Praia da Concha, en Espasante. 43°42'08" N 7°49' 13.67" O
- DISTANCIA:
- 4,65 km (só ida).
- TIPO DE SINALIZACIÓN:
- Pivotes de madeira
Como chegar?
No km 57 da AC 862 (estrada Ferrol - Viveiro), toma o desvío cara a Ladrido ata chegar ao embarcadoiro da parroquia, lugar onde arrinca o itinerario.
O que vas atopar:
- Un punto de observación de aves privilexiado. A ría de Ortigueira - Ladrido, humidal de importancia internacional, zona ZEPA e espazo en réxime de protección xeral, constitúe unha importante área de alimento e refuxio de aves itinerantes e migratorias.
- Baixando á ribeira, na franxa intermareal, poderás comprobar a diversidade faunística da Ría.
- Calas como a de Vidueiros ou a de Santa Eulalia, que antes eran territorio reservado para os pescadores.
- Iniciado o camiño, panorámicas impresionanntes da praia de Morouzos, da illa de San Vicente, de cabo Ortegal e, finalmente, do porto de Espasante.