Axenda
Sendeirismo: "Roteiro Intermareal de Ladrido" (cantÃs Ladrido-Espasante)
SaÃda en tren dende Ortigueira, ás 9:10 h.
A ConcellerÃa de Turismo e a empresa Roteiros organizan este itinerario interpretado que dende a estación de Espasante nos sube á parroquia de Ladrido. Alà baixamos á ribeira, coincidindo ca marea baixa, para estudar a biodiversidade das zoas de estuario, que é diferente á dos cantÃs de Loiba xa que Loiba é unha costa exposta e Ladrido unha costa protexida. Seguimos todo o cantil ata Porto de Espasante, facendo unha parada nas praias de Bidueiros e Santa Eulalia, que ata este ano eran inaccesibles para o público en xeral. Ó chegar a Espasante poderán darse un baño e comer.
Ó fin da ruta os asistentes poderán degustar, de maneira gratuÃta, un pincho tÃpico da zona.
O camiño de volta farase no tren da costa das 16:30 horas.
As persoas interesadas deberán inscribirse previamente na Oficina de Turismo. O prezo da actividade é de 8 euros, ao marxe do custo do transporte.