Axenda

Concerto de jazz: Sumrra

Teatro de Beneficencia, 20:30 h.

O grupo de jazz  Sumrrá presenta o seu último disco "6 mulleres" no teatro de Beneficencia de Ortigueira. Neste álbum os galegos renden tributo a 6 mulleres poderosas que foron e aínda son fonte de inspiración na loita dun futuro mellor para toda a humanidade. Frida Kahlo e Rosa Parks de América, Rosalía de Castro de Galicia, Quin Jin de China, Malala Yousafsai de Pakistán e  Nawal El-Saadawi de Exipto.

Sumrrá 6 Mujeres é unha aportación á loita feminista dende a  música contemporánea do século  XXI.

Prezo da entrada:3,50 €