Loiba. Ruta das algas
Mapa da ruta
- PUNTO DE PARTIDA:
- Acceso a Ribeira do Carro. 43°44'09.80" N 7°45'53.48" O
- PUNTO DE DESTINO:
- Pasarela praia de Esteiro. 43°44'43.03" N 7°43'37.84" O
- DISTANCIA:
- 6,8 km (só ida).
- TIPO DE SINALIZACIÓN:
- Pivotes de madeira
Como chegar?
No km 63,3 da AC 862, en Loiba, toma o desvío cara ao Picón. Despois sigue a sinalización que indica Pena Furada. A pista asfaltada conclúe onde se inicia esta ruta.
Tamén podes utilizar o tren. FEVE fai parada nesta parroquia. Nese caso, deberás sumar algúns quilómetros para incorporarte ao itinerario sinalizado.
O que vas atopar:
- Un paraíso natural por descubrir na parroquia de Loiba, libre de cemento, libre de ruído; incluído na Rede Natura.
- Unha sucesión de praias virxes, rodeadas dun certo halo de misterio.
- Pronunciados cantís de filitas e xistos, con rochas de formas caprichosas, autenticamente monumentais.
- Un singular e diminuto embarcadoiro entre enormes penas, que fala do duro oficio dos mariñeiros do lugar.
- Ata fai uns anos era fácil encontrarse nas ribeiras ás recoletoras de algas, que subían polo cantil xunto aos seus burros, coas alforxas cheas desta planta mariña. Hoxe quédanno eses camiños feitos co tempo, que nos permiten acceder a algunhas praias.