Axenda

Monólogo de David Amor: "Fuera de sitio"

No Teatro da Beneficencia ás 20:30 horas.

Este galego inusual, «porque sempre sabe se sobe ou se baixa», presentará Fuera de sitio, un «espectáculo» para partirse de risa.

En Fuera de sitio, David Amor relata en clave de humor e con moita ironía a súa traxectoria profesional, dende que en 1999 se presentara a un concurso de beleza, onde obtivo o premio Mister Simpatía.

O seu paso por TVG e Antena 3, onde participou no Club do Chiste xunto a Anabel Alonso, Martina Kleim ou Leo Harlem, e onde traballou como humorista, son algunhas das experiencias que conta neste divertido espectáculo, no que desenvolve a súa faceta de monologuista.

Entrada: 5€