Axenda
Acto de fraternidade na honra a Charo Suárez
Teatro da Beneficencia, 12:30 h.
A asociación Terras do Ortegal, a Asociación de Veciños e Veciñas de Couzadoiro e os seus amigos do Paporroibo, organizan un acto de recoñecemento a Rosario Suárez Díaz, unha muller
reivindicativa, pioneira na comarca do Ortegal polas súas múltiples
facetas que desenvolveu na sociedade que lle toca vivir.
As actividades previstas, que contan coa colaboración do Concello de Ortigueira e do semanario La Voz de Ortigueira, terán lugar no Teatro de Beneficencia, o sábado 4 de agosto ás 12.30h da mañá, nun acto presentado por Carlos Breixo, Cronista Oficial de Ortigueira, no que intervirán:
- Manuel López Foxo, compañeiro de O Paporroibo.
- Luís Alonso Santiago, director de teatro.
- Eduardo Dovale, presidente da AVV couzadoiro.
- Vanesa Trevín, concelleira de Cultura.
- Enrique Otero, director de cine, músico e sobriño de Charo.
O acto, comenzará coa proxección dun breve audiovisual «Charo en 111 imáxenes», da autoría de Álvaro Fdez. Polo, en colaboración coa Aula CEMIT.
Finalizado o acto, ás 2.30h da tarde,
en Espasante, as persoas que o desexen, previa retirada dunha
tarxeta-ticket, compartirán con ela e a súa familia un xantar de
confraternidade.