Axenda

Roteiro de sendeirismo polo río Mera

Saída en tren dende Ortigueira ás 8:20 h.

A Concellería de Turismo e a empresa Roteiros organizan este itinerario interpretado que descorre polo borde esquerdo do río Mera dende o curso baixo do mesmo, na parroquia de Santa María de Mera, ata o refuxio de Quiroga no curso alto do río, na parroquia de O Ermo.

Ó fin da ruta os asistentes poderán degustar, de maneira gratuíta, un pincho típico da zona.

O camiño de volta farase no tren da costa das 16:30 horas.

As persoas interesadas deberán inscribirse previamente na Oficina de Turismo. O prezo da actividade é de 8 euros, ao marxe do custo do transporte.