Axenda

Comedia: Por vía oral.

Teatro de Beneficencia, 20:00 h.

Por Vía Oral é un espectáculo de pura comedia, no que dous dos grandes cómicos do momento, Brandariz e Triana, analizan o sistema sanitario actual desde un punto de vista humorístico.

Un paciente ingresa no hospital e ten que afrontar unha serie de situacións embarazosas, das que todas e todos vivimos cando acudimos aos centros de saúde ou aos hospitais. 

Un espectáculo totalmente terapéutico que ten como único efecto secundario a risa e a gargallada.

Prezo da entrada: 3,50 €