Axenda

"Roteiro das Fervenzas do río Mera"

Saída en tren dende Ortigueira ás 8:20 h.

A Concellería de Turismo e a empresa Roteiros organizan este itinerario interpretado que comeza cun tramo do Camiño Real Ferrol-Viveiro ó seu paso por Santiago e Santa María de Mera, visitando as fervenzas que forman o río Guntín e o río Pequeno, afluentes do río Mera.

Ó fin da ruta os asistentes poderán degustar, de maneira gratuíta, un pincho típico da zona.

O camiño de volta farase no tren da costa das 16:30 horas.

As persoas interesadas deberán inscribirse previamente na Oficina de Turismo. O prezo da actividade é de 8 euros, ao marxe do custe do transporte.