Castelo do Casón
O Castelo do Casón foi unha antiga torre de vixilancia da Alta Idade Media. Dende a fortaleza, situada na parroquia de San Adrián de Veiga, era posible controlar toda a Ría dende Estaca de Bares ata Sismundi.
Actualmente só quedan algunhas pedras do recinto, de estrutura circular. Estaba protexido por tres murallas e un foxo defensivo, aos que se unía o desnivel existente ata o río Casón.
Hoxe en día só é posible apreciar a estrutura do castelo, grazas a un panel interpretativo situado ao seu pé. Con todo, a zona ofrece unhas magníficas vistas sobre a ría de Ortigueira e os montes da Capelada.