Axenda

Sendeirismo: "Roteiro Intermareal de Ladrido"

Saída en tren dende Ortigueira, ás 11:30 h.

A Concellería de Turismo e a empresa Roteiros organizan este itinerario interpretado que dende a estación de Espasante nos sube á parroquia de Ladrido. Alí baixamos á ribeira, coincidindo ca marea baixa, para estudar a biodiversidade das zoas de estuario, que é diferente á dos cantís de Loiba xa que Loiba é unha costa exposta e Ladrido unha costa protexida. Seguimos todo  o cantil ata Porto de Espasante, facendo unha parada nas praias de Bidueiros e Santa Eulalia, que ata este ano eran inaccesibles para o público en xeral. Ó chegar a Espasante poderán darse un baño e comer.

Ó fin da ruta os asistentes poderán degustar, de maneira gratuíta, un pincho típico da zona.

O camiño de volta farase no tren da costa das 16:30 horas.

As persoas interesadas deberán inscribirse previamente na Oficina de Turismo. O prezo da actividade é de 8 euros, ao marxe do custo do transporte.