Axenda

II Serán Son Cerevexeiro

Na carpa da Alameda

A Escola de Gaitas organiza este 2º Serán que este ano, ademáis, coincide ca celebración do seu 40 aniversario.

Os actos iniciaranse hacia a unha do mediodía ca sesión vermú, amenizada pola Escola de Gaitas e o grupo Troula&Stone, e que precederá ao xantar popular que terá lugar ás dúas.

Ás cinco e media da tarde chega o turno dos máis pequenos con xogos populares e chocolatada para todos os asistentes.

De noite volve a música a partir das nove cun concerto folk a cargo de Xirité seguido de foliada con: Rebentafoles, Carecos, Enxebres, Gamelas e Anduriñas, Andarivel, Brétemas e Troula&Stone.

A noite rematará ca tradicional queimada.