Axenda
RUTA XEOLÓXICA DAS LAVAS.
Venres 7 de agosto de 10 a 14 h. en Espasante.
O venres 7 de agosto realízase o primeiro roteiro xeolóxico guiada do mes de agosto. O doutor en xeoloxía Francisco Canosa acompañará aos asistentes nun percorrido de 3 horas e un 4 km. de distancia, apto para todos os públicos pola súa baixa dificultade. Os interesados deben inscribirse no blogue https://rutasgeologicasdegalicia.blogspot.com/
Nas proximidades do pobo mariñeiro de Espasante atópase un excepcional conxunto de materiais que foron orixinados por erupcións volcánicas submariñas hai máis de 400 millóns de anos, cando toda esta zona formaba parte do fondo dun antigo océano. Pero tamén poderán mirarse estruturas xeolóxicas que evidencian a alta deformación que sufriron as rocas desta zona de Ortigueira.