Axenda
Proxección: “Funes, o inventor da lúa”.
Teatro da Beneficencia, 20:30 h.
O director coruñés, de raíces orteganas, dirixe este documental biográfico sobre o inventor Eugenio Funes, que tras ser unha das pezas fundamentais na carreira espacial e na conquista da Lúa, finalizou os seus días dramaticamente nunha autocaravana na súa Galicia natal.
Este proxecto xorde polo descoñecemento que se ten de Funes, un galego da comarca de Quiroga, de principios do século XX,
obsesionado coa ciencia e a física. Un inventor puro que abandonou todo
para cumprir o seu soño, ir aos Estados Unidos a traballar na NASA. Alí
levou a cabo o maior invento da súa vida, e un dos máis importantes da
historia da humanidade, o retilador, que fixo que o
Proxecto Apolo fose un éxito. O documental mestura gravacións de finais
dos anos 60 en Estados Unidos, da NASA, recreacións dos inventos,
entrevistas con familiares e amigos de Funes...unha
mestura de formatos cinematográficos, acompañados de testemuños
sorprendentes que deron como resultado un traballo minucioso ao redor
dunha biografía extraordinaria.