Como é Ortigueira

A comarca de Ortegal, situada na provincia da Coruña, é a máis septentrional da pení­nsula Ibérica. Caracterízase pola beleza e contraste das súas paisaxes. Así­, atopamos na zona vales fértiles e elevadas serras que caen de novo ao mar para formar abruptos cantí­s ou afundirse suavemente nas praias do contorno.

O concello de Ortigueira artella a comarca. Un punto de encontro que conxuga montaña, val, rí­o, mar e especilamente rí­a, a máis ampla de todo o norte de Galicia.

Ortigueira limita cos municipios de Cariño, Cedeira, Cerdido, As Somozas, As Pontes e Mañón, todos eles pertencentes á provincia da Coruña, en pleno corazón das Rí­as Altas.

Xeomorfoloxí­a

A topografí­a do Concello é moi accidentada. As serras da Capelada e Faladoira - Coriscada non presentan cotas de grande altitude. Os seus cumios máis elevados sitúanse a carón do mar, contrastando co contorno da Ría, que ofrece alturas inferiores aos 100 metros.