Axenda

Exposición Debuxacións

Do 5 ao 29 de febreiro no Museo Ortegalia

O vindeiro 5 de febreiro inaugúrase a nova exposición do Espazo Artegalia, no Museo Ortegalia.

A mostra, que leva por título DEBUXACIONS, é obra de Fran Riveiro Calviño.

Fran Riveiro Calviño nace en Santiago de Compostela no ano 1979.
Fórmase en artes escénicas (teatro e danza), dobraxe, producción audiovisual, crítica cinematográfica...; pero mantén unha constante coa creación pictórica. Tras anos de formación e investigación autodidacta consegue a carta de artesán na modalidade de debuxo.
No 2015 abre "Toxoa", un espazo que aglutina o conxunto dunha obra de máis de quince anos, e que pretende seguir creando de maneira artesanal.
Realiza exposicións en diferentes espazos, creando performances ou intervencións artísticas, así como ofrecendo unha formación en debuxo e creación expontánea.
A exposición poderase visitar no Museo Ortegalia do 5 ao 29 de febreiro.