Axenda

RUTA XEOLÓXICA DOS VOLCÁNS POR ESPASANTE.

Venres 4 de setembro en Espasante.

Finalizamos as rutas xeolóxicas do verán ca favorita do público, a ruta dos volcáns.
O doutor en xeoloxía Francisco Canosa acompañará aos asistentes nun percorrido de 3 horas e uns 6 km. de distancia, cunha dificultade media. Os interesados deben inscribirse no blogue  https://rutasgeologicasdegalicia.blogspot.com/

Hai máis de 470 millóns de anos, en todo o litoral de Loiba había numerosos volcáns con  erupcións  moi explosivas e violentas. A día de hoxe aínda se poden apreciar nas rocas esas pegadas deixadas polos volcáns. Do mesmo xeito é posible observar cantos rodados que hai millóns de anos viaxaban en grandes icebergs, cando esta zona estaba próxima ao Polo Sur.